13 junio 2011

Co Grelo Verde en Verín

Xa fai tempo que estivemos cos nosos productos na feira do San Lázaro en Verín, a principios de abril, convidados por O Grelo Verde, unha asociación para o desenvolvementeo rural sostible, que está a promover a a introducción de menús con productos ecolóxicos e locais nas escolas da rexión, ademáis de outros proxectos medioambientais, de conservación do rural, actuando como grupo de consumo responsable...


Se queredes coñecer máis sobre eles, na seu blogue poderedes ver máis infomación.


Estas son unhas fotiñas da feira que deixaron neste enlace do seu blogue. Pídolle prestadas as fotos, jeje. Gracias a Beatriz (a "fotógrafa", que leva o programa da asociación nas escolas) e a todo o Grelo Verde pola súa invitación.

08 junio 2011

Exposición Ilustrando Soños de Noemí Penela

Onte estivemos na inauguración da exposición Ilustrando Soños de Noemí Penela no centro cultural da deputación de Ourense.


Unha exposición que recolle os sentimentos máis profundos da muller, representando a dualidade de forza e sensibilidade contida en cada mirada femenina.


Animámosvos a ir visitala. Disfrutarédelo.


Estará aberta de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Sábados, domingos e festivos de 17.00 a 20.30.


Máis obras no seu blogue:
www.noemipenela.blogspot.com

07 junio 2011

Bioterra pasado por auga

Repostos xa da molladura que papamos o domingo no Carballiño... aparecemos de novo.


Estaba un día perfecto, soleado, con moi bo ambiente, todo moi ben organizado, un montón de postos moi interesantes... pero o rematar de comer, a eso das 4 empezou a chover como non vira eu dende fai moito tempo. Todos a correr, intentando achicar a auga dos postos, que formaban unhas bolsas de auga impresionantes, metendo todo en caixas, baixo a chuvia, como se nos botaramos ao río.


En fin, foi unha mágoa, tivemos que escapar todos, nin obradoiro, nin charlas... eu nin sequera puiden ir dar unha volta para ver os postos.


Contra o tempo non se pode facer nada. Agradecémoslle moito a Asociación Pepa Loba a súa invitación e toda a organización do evento.


Bueno, eiquí unha fotiño do posto, mentras o preparabamos. Non nos deu tempo a sacar mais, porque contabamos con todo o día...


Levamos un pouquiño de todo: os xabóns, os bálsamos labiais (na caixiña de madeira), algunhas sombras de ollos, perfumes sólidos, aceites terapéuticos (os da dereita da botelliña de cristal), sprays aftersun, noces de lavado, linimentos de caléndula, sales de baño e as camisetas das Princesas Azules (a que levo eu incluida, aínda que non se aprecia moi ben).


E como todo artesán que se precie o seu perrifláutico... jajajaja.

23 mayo 2011

Xabón de albahaca, piñeiro e menta (concentración e fatiga mental)

NO DISPONIBLE

O sol está saíndo; é unha fresca mañá de verán... o campo cheira a verde, fresco, e sintes como toda a enerxía percorre o teu corpo, relaxado, con ganas de empezar o día.

Unha boa forma de explicar o que nos suxire este xabón, o que tentamos transmitir. Cunha combinación de aceites esencias elexida para combatir a falta de concentración e o cansancio mental: albahaca, menta e pino; un aroma moi fresco. E coa cor verde, elexida pola súa capacidade para influir en estados de maior concentración.

Ingredintes: aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de palma bio, manteiga de cacao, manteiga de karité, carbón vexetal, arxila branca, laranxa en po, óxido verde, aceite esencial de albahaca tropical bio (ocimum basilicum), piñeiro silvestre (pinus sylvestris) e menta verde bio (mentha spicata).

22 mayo 2011

Xabón pastel de castaña, canela e laranxa

NO DISPONIBLE

Un xabón para comelo... asemella comestible, aínda que mellor non o levar a boca...


Con aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de palma bio, manteiga de karité, aceite de xirasol, manteiga, aceite de avelás, azúcar, po de castaña, canela en po e barras naranxas de xabón de cítricos.

Un xabón con propiedades antioxidantes, grazas ao seu contenido en zume de laranxa, oleato de cenoura e o po de castaña, recoñecidos por o seu poder para neutralizar os radicais libres.

Xabón de 115 g aprox: 4€ 

07 mayo 2011

Comunión María

Nuestros jabones están de comunión.


Estos detalles en forma de jabón se han ido hasta la comunión de María, preparados en unas bolsitas de organza individuales de varios colores.


Un detalle muy colorido...






...tanto por un lado...


...como por el otro!


Si quieres ver más detalles de bodas y otros eventos, aquí los tenemos todos juntos con más información (clic aquí)

05 mayo 2011

Desestrésate!

EDICIÓN LIMITADA - Agotado



Un xabón a todo color, non hai dous iguais, cambian de formas e colores según os poñas boca arriba, boca abaixo, de lado... ti elixes. ¿que millor forma para desestresarse? Unha ducha multicolor, con aceites esenciais moi relaxantes, para apacigüar mente e corpo (e espírito).

Cunha base blanca feita a base de aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco e aceite de palma bio, e unha combinación de aceites esenciais: ylang-ylang, xarxa (salvia), laranxa e benjuí.

O resto dos anacos de colores son diferentes xabóns: de rosa mosqueta, de viño tinto, antioxidante de cítricos... e moitos máis. Un xabón diferente en cada xabón.

Esperamos que vos gusten, e que o traballo "traballoso" merecera a pena, jeje.

Xabón de 100 g: 4€.