Xabón moi hidrantante feito con: aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de améndoas, aceite de aguacate, aceite de avelás, cervexa, aceite esencial de lima, carbón vexetal e barros do mar morto.
A cervexa suaviza e rexenera a pel; especialmente recomendado para pel seca, deshidratada e fatigada. Aumenta a hidratación da epidermis e axuda a rexenerar as células dañadas pola exposición ó sol.
Con aceites moi hidratantes: o de aguacate proporciona a capacidade de penetración, o de alméndoas actúa como protector e suavizante, e o de avelá, que produce unha hidratación moi penetrante.
Os barros do mar morto son unha mezcla de auga, materia orgánica e minerais (21 distintos) con efecto calmante, hidratante e nutrutivo que revitaliza o tecido celular da pel.
No hay comentarios :
Publicar un comentario