31 diciembre 2010

Xabón de outono

Este xabón fixémolo inspirándonos nas cores do outono, eses tonos vermellos, amarelos e verdes do bosque caducifolio galego.

E para non esquecernos da estación das castañas e o magosto, das avelás, dos paseos polo monte na procura de cogumelos... presentamos este xabón.

Leva: aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de améndoas, aceite de avelás, po de clorofila, barros do mar morto e ocre de Rousillon (procedente de óxidos naturais e arxila branca). Sin aromas.

Xabón de 140g: 4€

Edición limitada. NON DISPOÑIBLE

No hay comentarios :

Publicar un comentario