26 junio 2011

Fin do obradoiro de Xabóns e cosmética natural

¡Rematamos o obradoiro de Xabóns e cosmética natural! Xa se ve que na despedida non pasamos fame...


7 venres seguidos, cansadas xa de toda a semana, pero ahí estaban todas (eran todo mulleres) ao pe do cañón.


Aprendemos a facer xabóns, bálsamos labiais, perfumes sólidos, diferentes pastas de dentes e desodorantes, ungüentos, macerados, cremiñas, trucos para o fogar...vamos, un pouquiño de todo.

21 junio 2011

Manteca batida antiestrías

Esta manteca está hecha a base de aceites y mantecas muy nutritivas que proporcionan elasticidad a la piel, la hidratan en profundidad, protegen y reparan.
 
De tacto untuoso, ya que no contiene agua, se trata de un "aceite" sólido.
 
Ideal para la prevención de estrías en caso de cambios de peso brusco; especialmente indicado para cualquier etapa del embarazo, ya que no contiene ningún tipo de aceite esencial.

 
Ingredientes: manteca de karité*, aceite de germen de trigo*, aceite de sésamo*, aceite de rosa mosqueta*, aceite de aguacate* y vitamina E.
 
* Ingredientes procedentes de la agricultura ecológica.
 
Aplicar diariamente en la zona a tratar con un ligero masaje. 


Bote de 120ml: 16 €

Para colaborar con la reducción de residuos, nosotros proponemos una reutilización de los envases, por ello descontamos 1 € en el siguiente pedido a quien devuelva el envase (en buenas condiciones) . 

18 junio 2011

Xabón de leite de cabra e iogur de fresas


NO DISPONIBLE

Un novo xabón moi nutritivo, a base de leite de cabra e iogur, con un lixeiro aroma a fresas.




Ideal para a pel seca, sensible, agrietada, alérxica e para o baño dos nenos, recuperando e protexendo da descamación e problemas dérmicos, aínda que se beneficiará das súas propiedades todo tipo de pel.


O leite de cabra é moi nutritivo, contén uns glóbulos graxos máis pequenos que o do resto dos leites, polo que van más diluidos no leite e proporciónanlle esa nutrición extra. Tamén é coñecido polo seu alto contido en lipoproteínas, que axudan a penetración de todos os nutrintes do xabón na pel con maior eficacia, hidratando en profundidade.


O iogur axuda a cicatrización e proporciona suavidade e brillo á pel.


Ingredintes: aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de palma bio, manteiga de cacao, manteiga de karité, aceite de xirasol, aceite de palmiste, arxila rosa, óxidos rosa e vermello, po de iris germánica, iogur natural, leite de cabra e extracto aromático de fresa.


No deseño tentamos simular un vasiño de iogur con fresas trituradas no fondo, e as fresiñas da foto son recién recollidas, ¿non se aprecia o seu brillo? o cheiriño a fresas da casa non se pode ver nunha foto...mmmmm!

Xabón de 110g aprox: 4 €

13 junio 2011

Co Grelo Verde en Verín

Xa fai tempo que estivemos cos nosos productos na feira do San Lázaro en Verín, a principios de abril, convidados por O Grelo Verde, unha asociación para o desenvolvementeo rural sostible, que está a promover a a introducción de menús con productos ecolóxicos e locais nas escolas da rexión, ademáis de outros proxectos medioambientais, de conservación do rural, actuando como grupo de consumo responsable...


Se queredes coñecer máis sobre eles, na seu blogue poderedes ver máis infomación.


Estas son unhas fotiñas da feira que deixaron neste enlace do seu blogue. Pídolle prestadas as fotos, jeje. Gracias a Beatriz (a "fotógrafa", que leva o programa da asociación nas escolas) e a todo o Grelo Verde pola súa invitación.

08 junio 2011

Exposición Ilustrando Soños de Noemí Penela

Onte estivemos na inauguración da exposición Ilustrando Soños de Noemí Penela no centro cultural da deputación de Ourense.


Unha exposición que recolle os sentimentos máis profundos da muller, representando a dualidade de forza e sensibilidade contida en cada mirada femenina.


Animámosvos a ir visitala. Disfrutarédelo.


Estará aberta de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Sábados, domingos e festivos de 17.00 a 20.30.


Máis obras no seu blogue:
www.noemipenela.blogspot.com

07 junio 2011

Bioterra pasado por auga

Repostos xa da molladura que papamos o domingo no Carballiño... aparecemos de novo.


Estaba un día perfecto, soleado, con moi bo ambiente, todo moi ben organizado, un montón de postos moi interesantes... pero o rematar de comer, a eso das 4 empezou a chover como non vira eu dende fai moito tempo. Todos a correr, intentando achicar a auga dos postos, que formaban unhas bolsas de auga impresionantes, metendo todo en caixas, baixo a chuvia, como se nos botaramos ao río.


En fin, foi unha mágoa, tivemos que escapar todos, nin obradoiro, nin charlas... eu nin sequera puiden ir dar unha volta para ver os postos.


Contra o tempo non se pode facer nada. Agradecémoslle moito a Asociación Pepa Loba a súa invitación e toda a organización do evento.


Bueno, eiquí unha fotiño do posto, mentras o preparabamos. Non nos deu tempo a sacar mais, porque contabamos con todo o día...


Levamos un pouquiño de todo: os xabóns, os bálsamos labiais (na caixiña de madeira), algunhas sombras de ollos, perfumes sólidos, aceites terapéuticos (os da dereita da botelliña de cristal), sprays aftersun, noces de lavado, linimentos de caléndula, sales de baño e as camisetas das Princesas Azules (a que levo eu incluida, aínda que non se aprecia moi ben).


E como todo artesán que se precie o seu perrifláutico... jajajaja.