06 marzo 2011

Noces de lavado


Despois de levar xa máis dun ano sen empregar ningún tipo de deterxente na lavadora, e de ter xa ata a miña avoa conforme co lavado, creo que é hora xa de deixarlles un oquiño no noso blogue.

Chámanse “Noces de lavado” e son os froitos da árbore Sapindus Mukurossi (ou do Sapindus Trifoliatus nalgúns casos) que crece na India e no Nepal. As cascas destas noces conteñen unha sustancia chamada saponina (glicósidos que actúan como “xabón” natural). Pódense empregar tanto para a lavadora, como para o lavalouzas, xabón multiuso...

Ademais de ser un produto 100% natural, durante o seu cultivo e recollida non se empregan químicos de síntese nin fertilizantes químicos.



¿Cómo empregalas?
  • Na lavadora: directamente, poñendo unhas 4-5 metades de cascas nunha bolsiña de algodón ou mesmo nun calcetín. As mesmas cascas pódense usar durante 3 lavados a unha temperatura de 30º-60º. Se se realiza un lavado a 90º duran unha soa vez e para empregalas en frío primeiro hai que facer unha decocción. Non xera espuma durante o lavado, simplemente é un líquido branquecino (o da espuma é un factor comercial que nos meteron moi a fondo).
Non necesitan suavizante, xa que a roupa non queda ríxida nin con restos de deterxentes. O cheiro é... déixame pensar... A NADA (é dicir, a limpo de verdade, no a limpo químico). De todas formas, se queres que a túa roupa teña cheiro non tes máis que elexir o teu aceite esencial favorito e botarlle unhas cuantas gotas na bolsa de algodón na que metes as noces. Algúns exemplos de aceites esenciais para botarlle son o romeu (cineol), lavanda, lavandín, piñeiro, limón, eucalipto (mentol ou radiata)...
  • No lavalouzas: directamente poñendo 4-5 metades das cascas na bolsiña. Duran 2 lavados a temperatura alta e 3 lavados se é menos temperatura ou máis corto o programa. Non estropea as pezas de cristal. As manchas pegadas deben lavarse anteriormente, como cos deterxentes químicos. (Non sei de primeira man o resultado, xa que eu non lavo no lavalouzas, pero de seguro que é tan bo como na roupa). Tamén se pode empregar a decocción das noces.
  • Para o resto dos usos debes facer unha decocción. O resultado será un líquido que podedes empregar para a lavadora, o lavalouzas, para botar ao cubo da fregona, para limpar mobles, xoias, para o baño... (pódenselle engadir aceites esenciais e outros produtos naturais para aumentar a limpeza – xa o explicaremos noutra entrada-)
Para a lavadora (3 cucharadas soperas)
No lavalouzas (3 cucharadas soperas)
Para a limpeza de cristais (2 cucharadas da decocción con 3 de vinagre)
  • Outros usos da decocción: pulverizar nas plantas contra algunhas pragas (pulgón, cochinilla...)

¿Cómo facer a decocción das noces de lavado? Pódese facer de dúas formas:

  • Coas cascas novas: poñer 20 metades nun litro de auga, facer ferver e baixar o lume; deixar 10 min a lume baixo e esperar ata que enfríe o líquido. Colar e xa está listo para empregar. As noces non as botamos ao lixo, xa que podemos facer 2 decoccións máis, pero cada vez con menos auga. (seguir o mesmo proceso)
  • Coas cascas xa usadas: do mesmo xeito que no anterior pero ou aumentando o número de cascas ou diminuíndo a cantidade de auga. Antes de facer a decocción pódense triturar as noces para que liberen máis saponina.

¿Qué facer despois coas noces?
Pois aínda non se lle acabaron os usos, eiquí nada se perde. Para facer un bo compost.


Algunhas cousas a ter en conta:

  • En augas duras o poder limpador pódese ver un pouco diminuído, polo que podemos aumentar a cantidade de noces (poñer 6-7 metades).
  • O tambor da lavadora non debe estar comprimido para deixar circular as noces con facilidade, pero tampouco se trata de deixalo a media carga.
  • Na roupa branca pódese engadir PERCARBONATO, non perborato. (O perborato libera boro ao medio – é tóxico para a vida acuática- e ademais debe ir asociado a outra sustancia – TAED- que se combina cos metais pesados dos fondos fluviais e mariños e introdúcese na cadea trófica. Ademáis débese lavar a menos de 60º). O percarbonato branquea a roupa a calquera temperatura e non libera ningunha sustancia tóxica. *Información sacada de Opcions nº2.
  • Para roupa moi sucia podemos engadir un pouco de bórax no tambor.
E por último, por se xa pensabades que eran demasiadas bondades... aínda por riba aforras. Unha familia de 4 membros con 1kg de noces pode facer 2-4 lavados por semana durante un ano. Tendo en conta que o máximo que podes pagar por 1 kg son 20 euros, que che duran 1 ano ou máis, que non tes que mercar suavizante e que as podes reutilizar....
Ah, un apuntamento máis, a redución dos envases tamén é considerable.
Se vos interesan podedes enviar un mail a achegatexabons@gmail.com que nós podémolas conseguir.

7 comentarios :

  1. Teñoas na casa e ainda non as probei.. sempre busco a roupa apropiada para probalas.. e hoxe e o dia.. Teño que conseguir o percarbonato sodico que decides noutro post..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Madia Leva, si as probas, vanche gustar... Nós para a roupa do día a día, van perfeto! Para algo máis potente de roupa "hortil" usamos a receta do "deterxente para lavadora" que temos en tutoriais, e así, imos servidos... ;)

      Eliminar
  2. quisiera que este articulo lo pudieras traducir al castellano.gracias.bonito blog y muy ilustrativo

    ResponderEliminar
  3. Hola, me encanta vuestra página y me parece muy interesante.
    Yo también agradecería que tradujesen al castellano este artículo. Gracias.

    ResponderEliminar
  4. Hola, me encanta vuestra página y me parece muy interesante.
    Yo también agradecería que tradujesen al castellano este artículo. Gracias.

    ResponderEliminar
  5. Me uno a las peticiones anteriores. Muchas gracias.

    ResponderEliminar
  6. ESO ES PARECIDO A LA PARAPARA Y HAY MUCHA EN VENEZUELA.

    ResponderEliminar