Despois de levar xa máis dun ano sen empregar ningún tipo de deterxente na lavadora, e de ter xa ata a miña avoa conforme co lavado, creo que é hora xa de deixarlles un oquiño no noso blogue.
Chámanse “Noces de lavado” e son os froitos da árbore Sapindus Mukurossi (ou do Sapindus Trifoliatus nalgúns casos) que crece na India e no Nepal. As cascas destas noces conteñen unha sustancia chamada saponina (glicósidos que actúan como “xabón” natural). Pódense empregar tanto para a lavadora, como para o lavalouzas, xabón multiuso...
Ademais de ser un produto 100% natural, durante o seu cultivo e recollida non se empregan químicos de síntese nin fertilizantes químicos.
¿Cómo empregalas?
- Na lavadora: directamente, poñendo unhas 4-5 metades de cascas nunha bolsiña de algodón ou mesmo nun calcetín. As mesmas cascas pódense usar durante 3 lavados a unha temperatura de 30º-60º. Se se realiza un lavado a 90º duran unha soa vez e para empregalas en frío primeiro hai que facer unha decocción. Non xera espuma durante o lavado, simplemente é un líquido branquecino (o da espuma é un factor comercial que nos meteron moi a fondo).
Non necesitan suavizante, xa que a roupa non queda ríxida nin con restos de deterxentes. O cheiro é... déixame pensar... A NADA (é dicir, a limpo de verdade, no a limpo químico). De todas formas, se queres que a túa roupa teña cheiro non tes máis que elexir o teu aceite esencial favorito e botarlle unhas cuantas gotas na bolsa de algodón na que metes as noces. Algúns exemplos de aceites esenciais para botarlle son o romeu (cineol), lavanda, lavandín, piñeiro, limón, eucalipto (mentol ou radiata)...
- No lavalouzas: directamente poñendo 4-5 metades das cascas na bolsiña. Duran 2 lavados a temperatura alta e 3 lavados se é menos temperatura ou máis corto o programa. Non estropea as pezas de cristal. As manchas pegadas deben lavarse anteriormente, como cos deterxentes químicos. (Non sei de primeira man o resultado, xa que eu non lavo no lavalouzas, pero de seguro que é tan bo como na roupa). Tamén se pode empregar a decocción das noces.
- Para o resto dos usos debes facer unha decocción. O resultado será un líquido que podedes empregar para a lavadora, o lavalouzas, para botar ao cubo da fregona, para limpar mobles, xoias, para o baño... (pódenselle engadir aceites esenciais e outros produtos naturais para aumentar a limpeza – xa o explicaremos noutra entrada-)
Para a lavadora (3 cucharadas soperas)
No lavalouzas (3 cucharadas soperas)
Para a limpeza de cristais (2 cucharadas da decocción con 3 de vinagre)
- Outros usos da decocción: pulverizar nas plantas contra algunhas pragas (pulgón, cochinilla...)
¿Cómo facer a decocción das noces de lavado? Pódese facer de dúas formas:
- Coas cascas novas: poñer 20 metades nun litro de auga, facer ferver e baixar o lume; deixar 10 min a lume baixo e esperar ata que enfríe o líquido. Colar e xa está listo para empregar. As noces non as botamos ao lixo, xa que podemos facer 2 decoccións máis, pero cada vez con menos auga. (seguir o mesmo proceso)
- Coas cascas xa usadas: do mesmo xeito que no anterior pero ou aumentando o número de cascas ou diminuíndo a cantidade de auga. Antes de facer a decocción pódense triturar as noces para que liberen máis saponina.
Pois aínda non se lle acabaron os usos, eiquí nada se perde. Para facer un bo compost.
- En augas duras o poder limpador pódese ver un pouco diminuído, polo que podemos aumentar a cantidade de noces (poñer 6-7 metades).
- O tambor da lavadora non debe estar comprimido para deixar circular as noces con facilidade, pero tampouco se trata de deixalo a media carga.
- Na roupa branca pódese engadir PERCARBONATO, non perborato. (O perborato libera boro ao medio – é tóxico para a vida acuática- e ademais debe ir asociado a outra sustancia – TAED- que se combina cos metais pesados dos fondos fluviais e mariños e introdúcese na cadea trófica. Ademáis débese lavar a menos de 60º). O percarbonato branquea a roupa a calquera temperatura e non libera ningunha sustancia tóxica. *Información sacada de Opcions nº2.
- Para roupa moi sucia podemos engadir un pouco de bórax no tambor.
E por último, por se xa pensabades que eran demasiadas bondades... aínda por riba aforras. Unha familia de 4 membros con 1kg de noces pode facer 2-4 lavados por semana durante un ano. Tendo en conta que o máximo que podes pagar por 1 kg son 20 euros, que che duran 1 ano ou máis, que non tes que mercar suavizante e que as podes reutilizar....
Ah, un apuntamento máis, a redución dos envases tamén é considerable.
Se vos interesan podedes enviar un mail a achegatexabons@gmail.com que nós podémolas conseguir.
Teñoas na casa e ainda non as probei.. sempre busco a roupa apropiada para probalas.. e hoxe e o dia.. Teño que conseguir o percarbonato sodico que decides noutro post..
ResponderEliminarMadia Leva, si as probas, vanche gustar... Nós para a roupa do día a día, van perfeto! Para algo máis potente de roupa "hortil" usamos a receta do "deterxente para lavadora" que temos en tutoriais, e así, imos servidos... ;)
Eliminarquisiera que este articulo lo pudieras traducir al castellano.gracias.bonito blog y muy ilustrativo
ResponderEliminarHola, me encanta vuestra página y me parece muy interesante.
ResponderEliminarYo también agradecería que tradujesen al castellano este artículo. Gracias.
Hola, me encanta vuestra página y me parece muy interesante.
ResponderEliminarYo también agradecería que tradujesen al castellano este artículo. Gracias.
Me uno a las peticiones anteriores. Muchas gracias.
ResponderEliminarESO ES PARECIDO A LA PARAPARA Y HAY MUCHA EN VENEZUELA.
ResponderEliminar