23 mayo 2011

Xabón de albahaca, piñeiro e menta (concentración e fatiga mental)

NO DISPONIBLE

O sol está saíndo; é unha fresca mañá de verán... o campo cheira a verde, fresco, e sintes como toda a enerxía percorre o teu corpo, relaxado, con ganas de empezar o día.

Unha boa forma de explicar o que nos suxire este xabón, o que tentamos transmitir. Cunha combinación de aceites esencias elexida para combatir a falta de concentración e o cansancio mental: albahaca, menta e pino; un aroma moi fresco. E coa cor verde, elexida pola súa capacidade para influir en estados de maior concentración.

Ingredintes: aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de palma bio, manteiga de cacao, manteiga de karité, carbón vexetal, arxila branca, laranxa en po, óxido verde, aceite esencial de albahaca tropical bio (ocimum basilicum), piñeiro silvestre (pinus sylvestris) e menta verde bio (mentha spicata).

No hay comentarios :

Publicar un comentario