07 junio 2011

Bioterra pasado por auga

Repostos xa da molladura que papamos o domingo no Carballiño... aparecemos de novo.


Estaba un día perfecto, soleado, con moi bo ambiente, todo moi ben organizado, un montón de postos moi interesantes... pero o rematar de comer, a eso das 4 empezou a chover como non vira eu dende fai moito tempo. Todos a correr, intentando achicar a auga dos postos, que formaban unhas bolsas de auga impresionantes, metendo todo en caixas, baixo a chuvia, como se nos botaramos ao río.


En fin, foi unha mágoa, tivemos que escapar todos, nin obradoiro, nin charlas... eu nin sequera puiden ir dar unha volta para ver os postos.


Contra o tempo non se pode facer nada. Agradecémoslle moito a Asociación Pepa Loba a súa invitación e toda a organización do evento.


Bueno, eiquí unha fotiño do posto, mentras o preparabamos. Non nos deu tempo a sacar mais, porque contabamos con todo o día...


Levamos un pouquiño de todo: os xabóns, os bálsamos labiais (na caixiña de madeira), algunhas sombras de ollos, perfumes sólidos, aceites terapéuticos (os da dereita da botelliña de cristal), sprays aftersun, noces de lavado, linimentos de caléndula, sales de baño e as camisetas das Princesas Azules (a que levo eu incluida, aínda que non se aprecia moi ben).


E como todo artesán que se precie o seu perrifláutico... jajajaja.

3 comentarios :

  1. un schnauzer miniatura no es muy perriflautico ;)

    ResponderEliminar
  2. gracias por vender las camisetitas, soys unos soles :)

    ResponderEliminar
  3. Como optativa perrifláutica tiñamos un fox terrier, e tampouco e moi axeitado que se diga, jeje.

    As camisetas gustaron moito, o que pasa é que nin tivemos tempo de promocionalas como queriamos, tivemos que escapar correndo... A ver se para a próxima hai máis sorte.

    ResponderEliminar