18 junio 2011

Xabón de leite de cabra e iogur de fresas


NO DISPONIBLE

Un novo xabón moi nutritivo, a base de leite de cabra e iogur, con un lixeiro aroma a fresas.




Ideal para a pel seca, sensible, agrietada, alérxica e para o baño dos nenos, recuperando e protexendo da descamación e problemas dérmicos, aínda que se beneficiará das súas propiedades todo tipo de pel.


O leite de cabra é moi nutritivo, contén uns glóbulos graxos máis pequenos que o do resto dos leites, polo que van más diluidos no leite e proporciónanlle esa nutrición extra. Tamén é coñecido polo seu alto contido en lipoproteínas, que axudan a penetración de todos os nutrintes do xabón na pel con maior eficacia, hidratando en profundidade.


O iogur axuda a cicatrización e proporciona suavidade e brillo á pel.


Ingredintes: aceite de oliva virxe extra, aceite de ricino, aceite de coco, aceite de palma bio, manteiga de cacao, manteiga de karité, aceite de xirasol, aceite de palmiste, arxila rosa, óxidos rosa e vermello, po de iris germánica, iogur natural, leite de cabra e extracto aromático de fresa.


No deseño tentamos simular un vasiño de iogur con fresas trituradas no fondo, e as fresiñas da foto son recién recollidas, ¿non se aprecia o seu brillo? o cheiriño a fresas da casa non se pode ver nunha foto...mmmmm!

Xabón de 110g aprox: 4 €

No hay comentarios :

Publicar un comentario