03 diciembre 2011

Caixa regalo de cervexa - Especial homes

¡NO DISPONIBLE!

Xa está aquí o Nadal. Nestas datas buscamos e buscamos para atopar un detalle para regalar a compañeiros, familiares, amigos... 

 
¿Queres facer un agasallo diferente? Pois por qué non, unha caixiña con productos naturais e ecolóxicos. Un agasallo artesanal, natural, personalizado e orixinal. Pídenos o que che apeteza e faremos o posible por adaptarnos aos teus gustos e necesidades... meterémolo todo nunha caixiña feita a man, decorandoa con moito esmero!!! 


Para que vos fagades unha idea imos ir presentando algunhas caixiñas modelo:


A primeira é esta caixa especialmente diseñada para regalar aos homes da casa:
 


¿Qué leva?


  • Un xabón de cervexa con aceites esenciais de canela, pomelo e limón, un aroma moi rico, ideal para os amantes da canela.
  • Un spray aftershave sen alcohol, con hidrolato de milenrama que calma a pel e bisabolol vexetal que axuda a cicatrización dos pequenos cortes.
  • Un desodorante en spray, con pedra de alumbre e aceites esenciais de palmarrosa, lima e menta verde, que axudan a regular a sudoración. Un tamaño ideal para levar ao gimnasio.
  • Unhas sales para un baño descontracturante.
 Todo esto por 20€. 


Máis modelos..... nos seguintes días.


Recorda, se queres algo en concreto, non dubides en preguntarnos: achegatexabons@gmail.com


Y si quieres saber más sobre nuestras cajas regalo, como personalizar la tuya, y ver el resto de las que tenemos en el blog, aquí hablamos sobre ellas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario