12 febrero 2015

Dende dentro...




Agardaba comezar o ano con novas enerxías, coas "pilas cargadas", despois de ter un decembro tan positivo, que nos dera a oportunidade de dar un pasiño máis alá no noso proxecto persoal. Pero, en contra do que pensei, esta temporada transformouse en un momento de calma, de moito traballo persoal, reflexionando, botando un ollo atrás, e, o que antes vía como un traballo con unha coherencia, nunha línea que me satisfacía persoalmente, ese camiño vaise desdebuxando.

Moitas son as inquedanzas que me fan moverme cada día, e elexir unha forma de ver a vida, e de facer as cousas, algo diferentes ao que está visto socialmente como o "aceptable". Unha das partes, era o que amoso en Achégate, pero non é a única, nin moito menos. Non me sinto tan a gusto coma antes, publicando cousas que, aínda que vexa como pequenas creacións persoais, non reflexan o trasfondo que conlevan, senon que semellan unha parte comercialista, que non é nada propia en min.

Ata o de agora, non vin preciso contar toda esa parte que hai detrás (que non é que sexa algo novo), pero neste intre, síntome extraña na miña propia "casa" virtual. Podería continuar sen máis, ou procurar cambialo e adaptalo ao que neste intre sinto, ou atopar algunha outra forma de convivir entre varias ideas (aínda que tamén podería desaparecer...)

É por isto que levo máis distanciada dende que comenzou o ano. Pode que sexa unha pequena etapa, na que están a ocorrer moitos cambios. Todo se verá co tempo... Quizáis a partir de agora cambie a maneira de amosar Achégate, aínda que seguramente supoña unha "perda de obxetividade" para algúns, para mín será un pasiño máis, unha ollada máis sentida; son das que, se non estou cómoda co que fago, non o fago, das que gosta do cambio hacia unha visión máis consciente e consecuente, polo que creo que este momento era mester.

O máis probable, é que siga habendo o que está, como está, e máis couisiñas (non vou tampouco eliminar o que, por agora, sigue sendo unha parte de min), pero buscarei a forma de darlle máis senso a todo isto no que me metín xa fai uns anos.


PD: outro día cóntovos este cambio, que estou (e estamos) a levar, que é grazas a vós, e que é un dos factores desta miña "verborrea mental".
PD2: animeime a escreber todo isto, despois de ler a Palmira (de Mimadriña) e tamén sentir escreber despois dunha paréntese mental (aínda que non sexa por os mesmos motivos).
PD3: esta parte tocoulle ser escrita en galego, porque é a forma na que as palabras me saen de dentro.


Lorena

2 comentarios :

  1. O importante e estar contento con que un fai.. se esta maneira comercialista de expoñer as cousas non che gusta.. estas no teu dereito.. Moitas veces un dase conta do que non lle gusta, precisamente facendoo.. Asi que estas a tempo de encontrar o teu camiño, dando ese pasiño adiante.. Eu creo que te entendo perfectamente..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sen dúbida Madia Leva! Hai que estar contento co que se fai! Aínda que non é que non me guste o que fago, todo o contrario, disfruto moitísimo, entre prantas, aceites, aromas... Para mín é unha paixón. Simplemente me refiro ao feito, que aquí semella unha parte solo comercialista (como si dunha empresa de cosmética se tratara, sin máis trasfondo, é iso sí que non é certo). Polo demáis, seguirei facendo o que fago, pero agardo aportar un pouquiño máis dese sentimento que hai por tras, dunha forma de ver as cousas máis pausadas, sentidas, con moito cariño ao que se fai...
      E agardo seguir con todos vós ao outro lado, como levades apoiándonos ata agora, e co que estou (e estamos) tremendamente agradecidos!
      Unha aperta!!!

      Eliminar