Este mes de outubro empezamos un novo obradoiro, dentro da programación de Ourense Xove. Nesta edición profundizaremos na cosmética natural.
O obradoiro terá lugar todos os luns dende o 17 de Outubro ao 12 de Decembro en horario de 18:30-20:30 na Rúa Xoan de Nóvoa (na plaziña que está enriba do Gadis). Ver mapa
Está dirixido a moz@s de 15 a 35 anos.
Unha iniciación ao mundo da cosmética natural: aprenderemos a facer diferentes tipos de cremas con diversas texturas, limpiadores faciais, exfoliantes, mascarillas, cremas corporais...; tamén aprendermos a empregar os diferentes tipos de ingredintes naturais para un coidado persoalizado segundo o tipo de pel. Ademáis dalgunha outra sorpresiña.
Para apuntarse solo vos tendes que dirixir á Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ourense (praza de San Martiño, nº2). A admisión será por orde de entrega das solicitudes.
Podes descargar a solicitude de inscrición eiquí.
Para visualizar o programa de actividades de Ourense Xove preme eiquí. (as datas e o lugar de realización no documento adxunto non son correctas)
Se queres máis información non dubides en pedírnola a achegatexabons@gmail.com.
No hay comentarios :
Publicar un comentario